O día 3 de abril, alumnado do colexio recibiu unha pequena formación por parte dos membros de Protección Civil sobre as avespas velutinas e a amenaza que supón para o principal animal polinizador que é a abella .
A Vespa velutina, ou avespa asiática, é unha especie invasora que chegou a Europa no ano 2004 procedente do sueste asiático. En Galicia, detectouse no ano 2013.
QUE EFECTOS TEN A VESPA VELUTINA?
• Afecta á biodiversidade, pola predación sobre outros insectos autóctonos.
• Afecta á produción apícola e froitícola, pois unha parte importante da súa dieta está formada polas abellas e por froitas.
• Aínda que non son máis perigosas que outras avespas, a súa expansión por zonas urbanas ou semiurbanas incrementa o risco de picaduras para as persoas
Tamén nos ensinaron o proceso para facer as trampas e nos axudaron a recortar as botellas de plástico e a elaborar a mezcla coa que enchelas para capturalas.
Todos os alumnos/as trouxeron unha botella para elaborar unha trampa. Posteriormente estas trampas foron colgadas no colexio e polo concello.
Parte dun niño de avespa velutina retirado polos membros de Protección Civil no noso concello. |
Alumnos/as colocando as trampas polo patio. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario