lunes, 9 de diciembre de 2019

O SAMAÍN: EXPOSICIÓN DE CABAZAS



Un ano máis dende o centro traballamos a festa do SAMAÍN  a través dunha exposición de cabazas e de diversas  actividades  que pretenden un achegamento do alumnado ao significado desta festa tradicional celta  e a súa relación coas cabazas.











Dende o Luns 28 de Outubro ata o Mércores 30 de Novembro, houbo exposicións de cabazas decoradas nas entradas do colexio.
O alumnado demostrou grandes doses de orixinalidade e imaxinación na súa confección.













martes, 3 de diciembre de 2019

DECÁLOGO DE HÁBITOS SAUDABLES

Logo de ver os resultados da enquisa que se lle envía ás familias do alumnado de primeiro nivel, repártense polas aulas O DECÁLOGO DE HÁBITOS SAUDABLES. Os titores os traballan na aula explicando cada un deles aos novos alumn@s para conciencialos sobre a importancia destes hábitos para crecer fortes e sanos.  Posteriormente, colócanse nun lugar visible da aula. .



Este decálogo está tamén exposto nas entradas dos dous edificios do colexio  para que todo o alumnado os teña presentes ao longo do curso.








ENQUISA SOBRE HÁBITOS ALIMENTARIOS

O inicio de cada curso, pasamos está enquisa ás familias dos alumn@s de primeiro nivel co fin de coñecer os hábitos alimentarios do alumnado novo como punto de partida para comezar a traballar na procura de hábitos saudables.
Trátase dunha enquisa anónima, que consta de 19 preguntas de fácil resposta.