miércoles, 24 de junio de 2020

AS CARAS DO CONFINAMENTO

Os alumn@s de segundo nivel compartiron imaxes da actividade “As caras do confinamento”. Usando froitas e verduras debían compoñer caras que  reflexaran diversos estados de ánimo.









LEDICIA














                                                                               DECEPCIÓN TRISTURA
































































                                                                                                     

COCIÑAMOS RECEITAS CON FROITA NO CONFINAMENTO.

Durante o confinamento animamos a que o noso alumnado compartira algunhas receitas que elaboraron durante este período utilizando froitas.





 PASTEL DE FROITAS E CREMA


PINCHOS DE MACEDONIA DE FROITAS

ACTIVIDADES DE AULA SOBRE HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE NO CONFINAMENTO.

Durante o confinamento, os alumn@s continuaron traballando contidos relacionados coa alimentación sana e  o fomento de hábitos alimentario saudables a través das actividades que os titores e mestres especialistas lles fixeron chegar mediante diversos medios e aplicacións educativas (emails, whatsApp, Classroom, Clasdojo.....) Esta son algunhas das fotos das fichas que realizaron:





























PASAPALABRA NO CONFINAMENTO: FROITAS E ÁRBORES FROITEIRAS.


Elaboramos un pasapalabra sobre froitas e árbores froiteiras coa idea de usalo nos recreos do mes de maio. Neste mes iamos levar a cabo na biblioteca do centro concursos nos que por niveis os alumn@s ían competir xogando a este  coñecido xogo. 
Nesta actividade traballamos en colaboración co Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística. Elaboráronse outros pasapalabras adaptados a cada nivel (partes do corpo, o aire e a auga, as plantas, o medio físico de España, a reprodución humana).

Debido a suspensión de clase  pola pandemia do COVID-19, esta actividade mandouse online a través da web do colexio e do blog fogar de caraminha do EDNL.



https://fogardecaraminha.blogspot.com/2020/05/pasapalabras-e-outros-xogos.html

LIBROS SOBRE FROITAS E VERDURA.

No primeiro trimestre, en coordinación co  equipo de Biblioteca  buscamos e seleccionamos contos e libros relacionados co consumo de alimentos saudables.
Estes libros fóron repartidos polas aulas como préstamo á bibliotecas de aula para fomentar o  coñecemento destes productos e o consumo dos mesmos. 









































































VISITA GADIS: PROGRAMA ALIMENTES


No presente curso estivemos desenvolvendo o programa “alimentes” que o grupo GADISA ofrece a algúns centros educativos galegos. Unha das actividades consiste en realiar unha visita guiada a un supermercado GADIS . Alí dúas nutricionistas, explicaban ó alumnado a importancia de seguir unha dieta sana e equilibrada.
Tiñamos organizadas varias saídas para o alumnado de 1º nivel, 2º nivel, 4º e 5º nivel. No obstante  debido a pandemia do COVID-19 so puido realizar a visita o 1º nivel quedando as outras aprazadas ata o curso próximo. Esta saída tivo lugar o 5 de marzo.


Ó chegar as nutricionistas explicaban ós nen@s en que ía consistir a visita, facían un repaso a pirámide alimentaria e repartían entre o alumnado unhas tarxetas para que localizaran os diversos  productos nas diferentes áreas que hai no supermercado: chacinería, lácteos, carnicería, pescadería, froitaría, bebidas.......








AS BEBIDAS

As monitoras, nutricionistas, pasearon polas diversas áreas do supermercado explicando: os beneficios e os inconvenientes do consumo dalgúns productos, algunhas carcaterísticas dos alimentos (peixe blanco e peixe azul, carne blaca e carne vermella......)






AS CHUCHERÍAS
OS LÁCTEOS








A PESCADERÍA


A VESPA VELUTINA: PROXECTO DE INVESTIGACIÓN E CAPTURA

Un ano máis organizamos no centro unha charla sobre os perigos que esta especie invasora supón para o noso ecosistema. A charla foi dada por membros de protección civil do concello que nos ensinaron a facer trampas. Tivo lugar o 12 de Marzo


Na primeira parte desta actividade, os membros de protección Civil na charla  que se imparte no pabillón do centro, informa ó alumnado da amenaza que supón esta especie para as especies autóctonas e as consecuencias que esto ten no noso ecosistema e nos nosos cultivos. Nesta charla informativa tamén nos ensinan a facer as trampas para capturalas, unha mezcla elaborada con viño, azúcar, zume e mel.
Rematada a charla comeza o taller onde preparamos a trampa usando unha botella de plástico.




Posteriormente, enchemos as botellas coa mestura elaborada e colocámolas nas árbores froiteiras que temos no noso patio. 

As botellas que sobran son donadas a Protección Civil para que fagan uso delas e as coloquen nos lugares que fagan falta no nosos concello. 
No curso pasado levamos a cabo un rexistro das vespas capturadas. Este ano debido a suspensión de clase pola pandemia do COVID -19 este rexistro non puido ser  levado a cabo. 

DOOBLE DE FROITAS: XOGO DE MESA.

Elaboramos un xogo do dooble de froitas e verduras. Neste xogo  de atención os xogadores teñen que encontrar  imáxe en común entre varias tarxetas.


A través deste xogo ademáis de traballar a atención tamén taballamos o afianzamento do  vocabulario sobre as froitas. 
Colocamos o xogo na sala de xogos que hai a carón da biblioteca. Os alumnos poden xogar cos xogos que alí hai no tempo de recreo. 




sábado, 18 de abril de 2020

3 días de froita fresca en tempos de coronavirus

Olaaa!! Este tempo de confinamento que nos colleu a todas/os co pé cambiado non quita que sigamos comendo froita e levando unha vida saudable.
Aquí os alumnos de sexto sacan un tempiño das súas clases virtuais para comer ou beber zumes de froita fresca .
Nesta semana houbo 3 días de froita fresca,  aquí vos deixamos as fotos.



martes, 3 de marzo de 2020

EXPOSICIÓN FROITOS DE OUTONO

Durante a semana do 25 ó 29 de Novembro organizamos unha exposición-degustación de froitos de outono. Solicitóuse a colaboración das familias para que cada alumn@ trouxera da casa un froito típico destas datas para facer unha exposición nas entradas dos dous colexios.
A exposición foi visitada por todas as aulas durante esta semana e finalmente o venres 29 de Novembro, o alumnada que así o quixo pudo disfrutar dos froitos expostos.
Consideramos que esta exposición foi un éxito pois promoveu o achegamento @s alumn@s de moitos froitos que descoñecían (caquis, froitas da paixón, noces pecanas......)




As portas do cole grande e do cole pequeno foron os lugares elexidos para facer
esta exposición ó ser o lugar máis concurrido de acceso ás aulas e ós patios. 







Finalmente o alumnado deu boa conta dos froitos expostos nunha degustación realizada polas aulas.