miércoles, 23 de enero de 2019



PREPARACIÓN DO MAGOSTO., TRABALLOS SOBRE A CASTAÑA,

Durante a semana anterior, @s titores realizaron nas aulas traballos relacionados con esta festa tradicional que xiraron en torno a castaña e o seu consumo nos fogares dos alumn@s.



Na aula de Educación Física os alumnos máis pequenos de 1º e 2º nivel aprenderon o xogo e a canción:
"Aí vai unha....
aí van dúas.....
tres castañas polo chan....
unha é miña, outra e túa,
e outra é de aquel rapaz.





Os alumn@s de 2º nivel elaboraron, nas súas casas e coa axuda dos seus familiares,  recipientes para recoller as castañas o día do Magosto e para depositar neles os restos non comestibles.


 

Nas aulas traballaronse contos sobre este froito..... como a" Castaña que escachou coa risa"," Lenda do Magosto"......


  

 

Os alumn@s de segundo coa axuda das súas familias tamén investigaron acerca de recetas que se poden elaborar a partir da castaña....

 



 



martes, 15 de enero de 2019

O MAGOSTO NO CENTRO

O Luns 8 de Outubro, realizamos no centro a festa do Magosto.


O Magosto realizouse durante as dúas sesións da tarde do luns. Para asar as castañas contamos coa axuda dos pais/nais de alumnos que se achegaron ao centro para colaborar e desfrutar connosco desta celebración.


Mentres se asaban as castañas, durante a primeira sesión da tarde, xogamos a XOGOS POPULARES: ao pano, tiro de corda, encesta castañas nos comecastañas, á corda.....