PREPARACIÓN DO MAGOSTO., TRABALLOS SOBRE A CASTAÑA,
Durante a semana anterior, @s titores realizaron nas aulas traballos relacionados con esta festa tradicional que xiraron en torno a castaña e o seu consumo nos fogares dos alumn@s.
Na aula de Educación Física os alumnos máis pequenos de 1º e 2º nivel aprenderon o xogo e a canción:
"Aí vai unha....
aí van dúas.....
tres castañas polo chan....
unha é miña, outra e túa,
e outra é de aquel rapaz.
Os alumn@s de 2º nivel elaboraron, nas súas casas e coa axuda dos seus familiares, recipientes para recoller as castañas o día do Magosto e para depositar neles os restos non comestibles.
Nas aulas traballaronse contos sobre este froito..... como a" Castaña que escachou coa risa"," Lenda do Magosto"......
Os alumn@s de segundo coa axuda das súas familias tamén investigaron acerca de recetas que se poden elaborar a partir da castaña....
No hay comentarios:
Publicar un comentario