martes, 27 de noviembre de 2018

O OUTONO: A CABAZA


Con motivo da celebración do SAMAÍN, os alumn@s decoraron o centro con cabazas realizadas na clase de Arts.

































Nas aulas traballáronse distintas lecturas sobre a cabaza e o seu uso no Samaín.






Aproveitouse esta época do ano para que os nen@s investigaran un pouco máis sobre esta froita tan representativa destas datas.

A CABAZA é o froito da baga da cabaza e pertence á familia Cucurbitaceae. Esta familia inclúe preto de 850 especies de plantas, fundamentalmente herbáceas, escaladas ou arrastradas, que producen grandes froitos e están protexidas por unha casca firme. Algunhas froitas como sandía e melón, xunto con verduras comúns como o pepino ou calabacín, pertencen a esta mesma familia.
CARACTERÍSTICAS: 
Forma: esférica, aplanada, oval ou alargada en forma de botella. Presentan o contorno da crista. Tamaño e peso: moi variable. O seu tamaño xeralmente varía entre 25 e 40 centímetros de diámetro. Cor: a casca pode ser laranxa, amarela, vermella, verde, branca, negra, violeta ou unha mestura de varias cores. A súa polpa adoita ser laranxa ou amarela.
Sabor: son lixeiramente insípidos, aínda que con un toque doce e afroitado.

martes, 20 de noviembre de 2018

ALIMENTÁMONOS BEN: FROITA FRESCA CURSO 2018-19


Un ano máis, dende o centro, seguimos desenvolvendo o Proxecto "Alimentámonos ben: Froita Fresca". Os obxectivos do mesmo son:

  • Desenvolver hábitos alimentarios saúdables, fomentando na escola o hábito de consumo de alimentos sans, especialmente a froita. 
  • Reducir o consumo de productos envasados de bollería, previndo a obesidade infantil e enfermidades cardiovasculares.
  • Fomentar hábitos de hixiene dos alimentos e do propio centro, reciclando os residuos da froita e dando a coñecer posibles usos do mesmo como fertilizante nos cultivos do invernadoiro escolar.
  • Coñecer as froitas que se dan tanto no noso entorno como noutros lugares, investigando as de temporada e a diversidade de cores, formas, tamaños, aromas e sensacións que producen cada unha delas. 
  • Coñecer e coidar as árbores froiteiras do recinto escolar. 

Ó inicio do presente curso, pasamos unha enquisa ás familias dos alumn@s de primeiro, para recabar información sobre os hábitos alimentarios do noso alumnado. Unha vez analizadas as respostas obtivemos a seguinte información:



jueves, 31 de mayo de 2018

QUEBRACABEZAS DE FROITAS:



 MONTANDO QUEBRACABEZAS DE FROITAS.



Os alumn@s de 1º pintaron e emparellaron distintas pezas para formar froitas. 



Coas resultantes elaboraron murais que fóron expostos polos corredores do colexio "Atopa o pedazo" e "Cada ovella coa súa parella"
Confecionaron murais nos que os nenos a modo de xogo tiñan que atopar os erros e dicir cales das froitas tiñan as pezas mal montadas. 



miércoles, 30 de mayo de 2018

A COMPOSTAXE E O INVERNADOIRO: COIDANDO AS ÁRBORES E AS PRANTAS FROITEIRAS 


A nivel de aula, cada titor fixo visitas ó invernadoiro e ás árbores froiteiras.

Algunhas destas visitas realizáronse nas sesións da área de valores cívicos e sociais. 

Os alumn@s visitaron o horto e realizaron as labores de coidado e mantemento dos cultivos. Tamén participaron na plantación das novas árbores e prantas adquiridas durante o curso (dentro do proxecto de Voz Natura) e fixeron unha pequena colecta dos productos. 







Alumnos de 1º visitando o invernadoiro  para eliminar as malas herbas e observar cómo medran as plantas dos amorodos....








Neste senso tamén se traballou a importancia do composteiro e do emprego dos caldeiros dos residuos orgánicos para facer a compostaxe e poder usala no invernadoiro. Fomentamos así a creación de hábitos saudables dentro da  campaña de reciclaxe que levamos no centro. 


En cada aula e polo patio colocáronse caldeiros  para recoller as mondan e desperdicios das froitas. Logo os nen@s tamén se encargaban de vacialos no composteiro.














DECÁLOGO DOS HÁBITOS SAUDABLES


O inicio do curso repartíuse polas aulas e colocouse en varias zonas do centro, este decálogo. Mediante él traballouse a importacia da inxesta de froita e dos hábitos de alimentación e vida saudable en todas as aulas, tanto en Ciencias Sociais e Ciencias Naturais como na área de Atención Educativa e Valores Sociais e Cívicos.



ALUMNOS/AS PREMIADOS NOS CONCURSOS:"ALIMÉNTATE BEN:FROITA FRESCA"


  
Durante os meses de  Abril e Maio os alumnos/as participaron nos concursos que se propuseron: todo o alumnado que quiso participou nos concursos propostos: 
  1. CONCURSO DE PAREADOS para 1º e 2º. Inventaron e escribiron pareados coa axuda da súa familia. Con todas creamos o mural: "Alimentámonos ben: Froita Fresca".
  2. CONCURSO DE RECEITAS CON FROITAS: 3º e 4º.Elaboramos o "Recetario das Froitas" que está a disposición de todos na biblioteca.
  3. CONCURSO DE CONTOS: 5º e 6º. Elaboramos un libro de "Contos de Froitas" que está a disposición de todos na biblioteca.
Os tres mellores traballos de cada concurso por nivel recibiron como agasallo unha cesta de froita nun acto realizado o día das Letras Galegas.







NORABOA OS PREMIADOS!!!!

E......

GRACIAS A TODOS POR PARTICIPAR


lunes, 28 de mayo de 2018

CONCURSOS "ALIMÉNTATE BEN: FROITA FRESCA"


Ó longo dos meses de Abril e Maio todo o alumnado participou nos concursos propostos segundo o seu nivel:
 



CONCURSO DE PAREADOS: 


Sobre unha plantilla que respresentaba a unha froita (mazas, piñas, plátanos, kiwis, amorodos, peras, coco, pexego, uvas...) os alumn@s de 1º e 2º nivel inventaron e logo escribiron pareados coa axuda da súa familia.



Con todas as froitas creamos e expusemos no colexio pequeno o mural: "Alimentámonos ben: Froita Fresca". Selecionáronse 3 gañadores de cada curso que recibiron unha cesta de froita nun acto de entrega de premios levado a cabo no centro o día das letras Galegas.

 


 









CONCURSO DE RECEITAS CON FROITAS:


Os alumn@s de 3º e 4º escribiron recitas nas que o ingrediente principal era unha froita.

Coas mellores recetas elaboramos o "Recetario das Froitas" que está a disposición de todo aquel que o queira consultar na biblioteca do centro.




 As tres mellores receitas de cada nivel recibiron como premio unha cesta de froita.








CONCURSO DE CONTOS:




Os alumnos de 5º e 6º escribiron contos nas que o tema principal ou os persoaxes principais eran froitas. 

Cos mellores contos elaboramos un libro de "Contos de Froitas" que está a disposición de todo aquel que o queira consultar na biblioteca do centro. 

As tres mellores receitas de cada nivel tamén recibiron como agasallo unha cesta de froita.
















" FESTA DAS LETRAS GALEGAS " : "BROCHETAS DE FROITA"



                                           


Coincidindo coa semana de distribución da froita, o día 18 de 
maio celebramos as letras galegas no centro.




Neste día, en vez dunha peza de froita agasallamos a cada nen@ cunha brocheta elaborada coas froitas consumidas ó longo de toda a campaña. 
Para a elaboración e o reparto de ditas brochetas de froita contamos coa implicación e colaboración da ANPA.