miércoles, 30 de mayo de 2018

A COMPOSTAXE E O INVERNADOIRO: COIDANDO AS ÁRBORES E AS PRANTAS FROITEIRAS 


A nivel de aula, cada titor fixo visitas ó invernadoiro e ás árbores froiteiras.

Algunhas destas visitas realizáronse nas sesións da área de valores cívicos e sociais. 

Os alumn@s visitaron o horto e realizaron as labores de coidado e mantemento dos cultivos. Tamén participaron na plantación das novas árbores e prantas adquiridas durante o curso (dentro do proxecto de Voz Natura) e fixeron unha pequena colecta dos productos. 







Alumnos de 1º visitando o invernadoiro  para eliminar as malas herbas e observar cómo medran as plantas dos amorodos....








Neste senso tamén se traballou a importancia do composteiro e do emprego dos caldeiros dos residuos orgánicos para facer a compostaxe e poder usala no invernadoiro. Fomentamos así a creación de hábitos saudables dentro da  campaña de reciclaxe que levamos no centro. 


En cada aula e polo patio colocáronse caldeiros  para recoller as mondan e desperdicios das froitas. Logo os nen@s tamén se encargaban de vacialos no composteiro.














No hay comentarios:

Publicar un comentario