martes, 15 de mayo de 2018


CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN OU ENTREGA DA FROITA AO ALUMNADO

A distribución da froita na hora do recreo levouse a cabo este curso durante dous períodos: 
  •  A semana do 7 ao 11 de maio repartindo plátanos, peras, mazás, piña e uvas,
  •  A semana do 14 ao 18 : kiwi, pexego
  • O luns 21 de Maio: melón



A froita foi suministrada por un establecemento da localidade do grupo GADIS. Chegaba ao centro a primeira hora do día en caixas. Algúns mestres de garda e algúns alumnos de 5º ou 6º nivel encargábanse de:
  • contala e lavala se era preciso,
  • colocala no caldeiro correspondente a cada grupo aula,
  • repartir os caldeiros por todas as aulas do colexio xunto a servilletas de papel se son necesarias
  • colocar e recoller en diversos puntos do patio os caldeiros para residuos orgánicos (mondas ou carozos) para que os nenos botarán alí os restos destinados a facer posteriormente compostaxe para o invernadoiro.
Unha vez que toca o timbre do recreo, e dependendo da froita, o tempo e a idade dos alumnos, o consumo realizouse ben na aula ou no patio. Foron os profesores titores ou especialistas que estaban impartindo clase nese momento, os encargados da distribución aos alumnos.
Deste xeito traballamos contidos variados:
  • os beneficios da froita para a nosa saúde e a importancia de seguir unha dieta equilibrada,
  • a reciclaxe e a limpeza no patio,
  • a hixiene dos alimentos e dun mesmo

A campaña foi comunicada aos pais, tanto nas reunións realizadas a principio de curso como en diferentes notas informativas, para:
  • que estén informados das datas de entrega da froita para axustar a comida que traen os seus fillos no almorzo de media mañá
  • que nos comuniquen calquera tipo de alerxia ou intolerancia da que aínda non tiveramos constancia no centro e poder subministrar así algún outro produto alternativo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario