martes, 3 de marzo de 2020

EXPOSICIÓN FROITOS DE OUTONO

Durante a semana do 25 ó 29 de Novembro organizamos unha exposición-degustación de froitos de outono. Solicitóuse a colaboración das familias para que cada alumn@ trouxera da casa un froito típico destas datas para facer unha exposición nas entradas dos dous colexios.
A exposición foi visitada por todas as aulas durante esta semana e finalmente o venres 29 de Novembro, o alumnada que así o quixo pudo disfrutar dos froitos expostos.
Consideramos que esta exposición foi un éxito pois promoveu o achegamento @s alumn@s de moitos froitos que descoñecían (caquis, froitas da paixón, noces pecanas......)




As portas do cole grande e do cole pequeno foron os lugares elexidos para facer
esta exposición ó ser o lugar máis concurrido de acceso ás aulas e ós patios. 







Finalmente o alumnado deu boa conta dos froitos expostos nunha degustación realizada polas aulas. 

MAGOSTO: A CASTAÑA.

Coma todos os anos por estas datas, o luns 11 de Novembro pola tarde celebramos o magosto no centro. Ademáis de comer as castañas asadas que foron repartidas nos patios dos colexios polos membros da ANPA, o alumnado diverstiuse xogando a varios xogos populares galegos (lanzar castañas, chave, brilé, tiro de corda, o pano......)

  Para o asado e reparto das castañas contamos coa axuda dos membros da ANPA.

Os alumn@s pasaron un bo rato desfrutando dos xogos populares. 


O longo desta semana ademáis de decorar o centro para celebrar o magosto, a nivel de aula traballouse todo o referido a castaña e o significado desta festa a través de actividades variadas.