miércoles, 28 de febrero de 2018

RECURSOS FROITEIROS


BOLBORETAS CON FROITA

A froita é un recurso ao que nunca se pode dicir que non. Serve para o almorzo, como comida entre horas, merenda, postre ou cea. Ademáis de ter numerosas propiedades beneficiosas para a saúde pode servir como conector para traballar por proxectos todas as áreas curriculares e todos os contidos para todas as idades.
Por iso vos convido a realizar esta manualidade con froita.



♥1 Amorodo

♥1 Plátano

♥2 Moras

♥1 Prato

 

Preparación:

Cortas a metade do plátano en rodas iguais ca os amorodos. 

Colocas 4 rodas de plátanos nun prato, é encima 1 roda de amorodos a cada roda de plátanos. 

Corta a outra metade do plátano de maneira que quede unha liña recta, que poñeremos entre as rodas. 

Tamén podes ponerlle 2 moras á bolboreta.Se queres facer máis bolboretas só tes que seguir os mesmos pasos pero con máis froitas. E...

 

Xa temos lista a nosa bolboreta! 

Agora tes que ser creativo e uti lizar outras froitas ou diseños para crear as tuas bolboretas.


Lembrando a antigos alumnos e ao proxecto de froita fresca que leva realizando o colexio dende xa hai anos remito a este blog interesante realizado polos alumnos de sexto en 2015-2016  con numerosas actividades relacionadas con distintas materias curriculares. Espero que vos guste.

                     FROITARÍA BANDASECA!!!

Resultados da enquisa sobre alimentación nas casas.

Resultados da enquisa feita a primeiros de curso ás familias de 1º e 2º de primaria sobre a alimentación nas casas:



martes, 27 de febrero de 2018

          "ALIMENTÁMONOS BEN: FROITA FRESCA"
                                   CURSO 2017/18

Un ano máis, dende o centro, seguimos desenvolvendo o Proxecto "Alimentámonos ben: Froita Fresca". Os obxectivos do mesmo son:

  • Desenvolver hábitos alimentarios saúdables, fomentando na escola o hábito de consumo de alimentos sans, especialmente a froita. 
  • Reducir o consumo de productos envasados de bollería, previndo a obesidade infantil e enfermidades cardiovasculares.
  • Fomentar hábitos de hixiene dos alimentos e do propio centro, reciclando os residuos da froita e dando a coñecer posibles usos do mesmo como fertilizante nos cultivos do invernadoiro escolar.
  • Coñecer as froitas que se dan tanto no noso entorno como noutros lugares, investigando as de temporada e a diversidade de cores, formas, tamaños, aromas e sensacións que producen cada unha delas. 
  • Coñecer e coidar as árbores froiteiras do recinto escolar. 

Ó inicio do presente curso, pasamos unha enquisa ás familias, para recabar información sobre os hábitos alimentarios do noso alumnado. Unha vez analizadas as respostas obtivemos a seguinte información.