BOLBORETAS CON FROITA
A froita é un recurso ao que nunca se pode dicir que non. Serve para o almorzo, como comida entre horas, merenda, postre ou cea. Ademáis de ter numerosas propiedades beneficiosas para a saúde pode servir como conector para traballar por proxectos todas as áreas curriculares e todos os contidos para todas as idades.Por iso vos convido a realizar esta manualidade con froita.
♥1 Amorodo
♥1 Plátano
♥2 Moras
♥1 Prato
Preparación:
Cortas a metade do plátano en rodas iguais ca os amorodos.
Colocas 4 rodas de plátanos nun prato, é encima 1 roda de amorodos a cada roda de plátanos.
Corta a outra metade do plátano de maneira que quede unha liña recta, que poñeremos entre as rodas.
Tamén podes ponerlle 2 moras á bolboreta.Se queres facer máis bolboretas só tes que seguir os mesmos pasos pero con máis froitas. E...
Xa temos lista a nosa bolboreta!
Agora tes que ser creativo e uti lizar outras froitas ou diseños para crear as tuas bolboretas.
Lembrando a antigos alumnos e ao proxecto de froita fresca que leva realizando o colexio dende xa hai anos remito a este blog interesante realizado polos alumnos de sexto en 2015-2016 con numerosas actividades relacionadas con distintas materias curriculares. Espero que vos guste.
FROITARÍA BANDASECA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario