martes, 27 de febrero de 2018

          "ALIMENTÁMONOS BEN: FROITA FRESCA"
                                   CURSO 2017/18

Un ano máis, dende o centro, seguimos desenvolvendo o Proxecto "Alimentámonos ben: Froita Fresca". Os obxectivos do mesmo son:

  • Desenvolver hábitos alimentarios saúdables, fomentando na escola o hábito de consumo de alimentos sans, especialmente a froita. 
  • Reducir o consumo de productos envasados de bollería, previndo a obesidade infantil e enfermidades cardiovasculares.
  • Fomentar hábitos de hixiene dos alimentos e do propio centro, reciclando os residuos da froita e dando a coñecer posibles usos do mesmo como fertilizante nos cultivos do invernadoiro escolar.
  • Coñecer as froitas que se dan tanto no noso entorno como noutros lugares, investigando as de temporada e a diversidade de cores, formas, tamaños, aromas e sensacións que producen cada unha delas. 
  • Coñecer e coidar as árbores froiteiras do recinto escolar. 

Ó inicio do presente curso, pasamos unha enquisa ás familias, para recabar información sobre os hábitos alimentarios do noso alumnado. Unha vez analizadas as respostas obtivemos a seguinte información.


No hay comentarios:

Publicar un comentario