jueves, 31 de mayo de 2018

QUEBRACABEZAS DE FROITAS:



 MONTANDO QUEBRACABEZAS DE FROITAS.



Os alumn@s de 1º pintaron e emparellaron distintas pezas para formar froitas. 



Coas resultantes elaboraron murais que fóron expostos polos corredores do colexio "Atopa o pedazo" e "Cada ovella coa súa parella"
Confecionaron murais nos que os nenos a modo de xogo tiñan que atopar os erros e dicir cales das froitas tiñan as pezas mal montadas. 



miércoles, 30 de mayo de 2018

A COMPOSTAXE E O INVERNADOIRO: COIDANDO AS ÁRBORES E AS PRANTAS FROITEIRAS 


A nivel de aula, cada titor fixo visitas ó invernadoiro e ás árbores froiteiras.

Algunhas destas visitas realizáronse nas sesións da área de valores cívicos e sociais. 

Os alumn@s visitaron o horto e realizaron as labores de coidado e mantemento dos cultivos. Tamén participaron na plantación das novas árbores e prantas adquiridas durante o curso (dentro do proxecto de Voz Natura) e fixeron unha pequena colecta dos productos. 







Alumnos de 1º visitando o invernadoiro  para eliminar as malas herbas e observar cómo medran as plantas dos amorodos....








Neste senso tamén se traballou a importancia do composteiro e do emprego dos caldeiros dos residuos orgánicos para facer a compostaxe e poder usala no invernadoiro. Fomentamos así a creación de hábitos saudables dentro da  campaña de reciclaxe que levamos no centro. 


En cada aula e polo patio colocáronse caldeiros  para recoller as mondan e desperdicios das froitas. Logo os nen@s tamén se encargaban de vacialos no composteiro.














DECÁLOGO DOS HÁBITOS SAUDABLES


O inicio do curso repartíuse polas aulas e colocouse en varias zonas do centro, este decálogo. Mediante él traballouse a importacia da inxesta de froita e dos hábitos de alimentación e vida saudable en todas as aulas, tanto en Ciencias Sociais e Ciencias Naturais como na área de Atención Educativa e Valores Sociais e Cívicos.



ALUMNOS/AS PREMIADOS NOS CONCURSOS:"ALIMÉNTATE BEN:FROITA FRESCA"


  
Durante os meses de  Abril e Maio os alumnos/as participaron nos concursos que se propuseron: todo o alumnado que quiso participou nos concursos propostos: 
  1. CONCURSO DE PAREADOS para 1º e 2º. Inventaron e escribiron pareados coa axuda da súa familia. Con todas creamos o mural: "Alimentámonos ben: Froita Fresca".
  2. CONCURSO DE RECEITAS CON FROITAS: 3º e 4º.Elaboramos o "Recetario das Froitas" que está a disposición de todos na biblioteca.
  3. CONCURSO DE CONTOS: 5º e 6º. Elaboramos un libro de "Contos de Froitas" que está a disposición de todos na biblioteca.
Os tres mellores traballos de cada concurso por nivel recibiron como agasallo unha cesta de froita nun acto realizado o día das Letras Galegas.







NORABOA OS PREMIADOS!!!!

E......

GRACIAS A TODOS POR PARTICIPAR


lunes, 28 de mayo de 2018

CONCURSOS "ALIMÉNTATE BEN: FROITA FRESCA"


Ó longo dos meses de Abril e Maio todo o alumnado participou nos concursos propostos segundo o seu nivel:
 



CONCURSO DE PAREADOS: 


Sobre unha plantilla que respresentaba a unha froita (mazas, piñas, plátanos, kiwis, amorodos, peras, coco, pexego, uvas...) os alumn@s de 1º e 2º nivel inventaron e logo escribiron pareados coa axuda da súa familia.



Con todas as froitas creamos e expusemos no colexio pequeno o mural: "Alimentámonos ben: Froita Fresca". Selecionáronse 3 gañadores de cada curso que recibiron unha cesta de froita nun acto de entrega de premios levado a cabo no centro o día das letras Galegas.

 


 









CONCURSO DE RECEITAS CON FROITAS:


Os alumn@s de 3º e 4º escribiron recitas nas que o ingrediente principal era unha froita.

Coas mellores recetas elaboramos o "Recetario das Froitas" que está a disposición de todo aquel que o queira consultar na biblioteca do centro.




 As tres mellores receitas de cada nivel recibiron como premio unha cesta de froita.








CONCURSO DE CONTOS:




Os alumnos de 5º e 6º escribiron contos nas que o tema principal ou os persoaxes principais eran froitas. 

Cos mellores contos elaboramos un libro de "Contos de Froitas" que está a disposición de todo aquel que o queira consultar na biblioteca do centro. 

As tres mellores receitas de cada nivel tamén recibiron como agasallo unha cesta de froita.
















" FESTA DAS LETRAS GALEGAS " : "BROCHETAS DE FROITA"



                                           


Coincidindo coa semana de distribución da froita, o día 18 de 
maio celebramos as letras galegas no centro.




Neste día, en vez dunha peza de froita agasallamos a cada nen@ cunha brocheta elaborada coas froitas consumidas ó longo de toda a campaña. 
Para a elaboración e o reparto de ditas brochetas de froita contamos coa implicación e colaboración da ANPA. 









SEMANA DA FROITA: O MELÓN


                                                            Luns 22 de Maio





O melón é unha froita doce, refrescante e saborosa que posee poucas calorías e abundantes sales minerales. Contén un 90% de auga, carbohidratos (sacarosa e sucrosa) e pouca fibra
Dadas as súas magníficas propiedades é aconsellable o seu consumo en todas as idades. É rico en vitaminas A e C e en minerais (potasio, magnesio, calcio e ferro).






 PROPIEDADES     DO 

            MELÓN:








  • Son bos para dietas de adelgazamento.
  • Polo seu alto contido potasio son bos para o sistema nervioso e muscular.
  • Recoméndase para casos de gota e reumatismo.
  • Sirve para previr o envellecemento.
  • Favorece a formación de glóbulos vermellos.
  • É diurético.
  • Ten propiedades laxantes.
  • Reforza o sistema inmunolóxico, mellorando a formación de anticorpos.
  • Mellora dentes e ósos: gracias ó seu alto contido en vitamina C.


miércoles, 23 de mayo de 2018

LAMBETADAS CON FROITAS

Agora que chega o verán, aquí tedes uns deberes para facer...

XEADOS CON FROITAS



INGREDIENTES
  • Froita variada 
  • Auga
  • Molde de polos
PREPARACIÓN
  • Mesturamos anacos de froitas en auga. (sen bater)
  • Collemos os moldes de polos e poñemos a mestura nos moldes.
  • Metémolos no conxelador unhas dúas horas.

                   E POR ÚLTIMO A COMER!!!!!!!