Mostrando entradas con la etiqueta Experiencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Experiencias. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de enero de 2019



PREPARACIÓN DO MAGOSTO., TRABALLOS SOBRE A CASTAÑA,

Durante a semana anterior, @s titores realizaron nas aulas traballos relacionados con esta festa tradicional que xiraron en torno a castaña e o seu consumo nos fogares dos alumn@s.



Na aula de Educación Física os alumnos máis pequenos de 1º e 2º nivel aprenderon o xogo e a canción:
"Aí vai unha....
aí van dúas.....
tres castañas polo chan....
unha é miña, outra e túa,
e outra é de aquel rapaz.





Os alumn@s de 2º nivel elaboraron, nas súas casas e coa axuda dos seus familiares,  recipientes para recoller as castañas o día do Magosto e para depositar neles os restos non comestibles.


 

Nas aulas traballaronse contos sobre este froito..... como a" Castaña que escachou coa risa"," Lenda do Magosto"......


  

 

Os alumn@s de segundo coa axuda das súas familias tamén investigaron acerca de recetas que se poden elaborar a partir da castaña....

 



 



martes, 15 de enero de 2019

O MAGOSTO NO CENTRO

O Luns 8 de Outubro, realizamos no centro a festa do Magosto.


O Magosto realizouse durante as dúas sesións da tarde do luns. Para asar as castañas contamos coa axuda dos pais/nais de alumnos que se achegaron ao centro para colaborar e desfrutar connosco desta celebración.


Mentres se asaban as castañas, durante a primeira sesión da tarde, xogamos a XOGOS POPULARES: ao pano, tiro de corda, encesta castañas nos comecastañas, á corda.....



















jueves, 31 de mayo de 2018

QUEBRACABEZAS DE FROITAS:



 MONTANDO QUEBRACABEZAS DE FROITAS.



Os alumn@s de 1º pintaron e emparellaron distintas pezas para formar froitas. 



Coas resultantes elaboraron murais que fóron expostos polos corredores do colexio "Atopa o pedazo" e "Cada ovella coa súa parella"
Confecionaron murais nos que os nenos a modo de xogo tiñan que atopar os erros e dicir cales das froitas tiñan as pezas mal montadas. 



miércoles, 30 de mayo de 2018

A COMPOSTAXE E O INVERNADOIRO: COIDANDO AS ÁRBORES E AS PRANTAS FROITEIRAS 


A nivel de aula, cada titor fixo visitas ó invernadoiro e ás árbores froiteiras.

Algunhas destas visitas realizáronse nas sesións da área de valores cívicos e sociais. 

Os alumn@s visitaron o horto e realizaron as labores de coidado e mantemento dos cultivos. Tamén participaron na plantación das novas árbores e prantas adquiridas durante o curso (dentro do proxecto de Voz Natura) e fixeron unha pequena colecta dos productos. 







Alumnos de 1º visitando o invernadoiro  para eliminar as malas herbas e observar cómo medran as plantas dos amorodos....








Neste senso tamén se traballou a importancia do composteiro e do emprego dos caldeiros dos residuos orgánicos para facer a compostaxe e poder usala no invernadoiro. Fomentamos así a creación de hábitos saudables dentro da  campaña de reciclaxe que levamos no centro. 


En cada aula e polo patio colocáronse caldeiros  para recoller as mondan e desperdicios das froitas. Logo os nen@s tamén se encargaban de vacialos no composteiro.














DECÁLOGO DOS HÁBITOS SAUDABLES


O inicio do curso repartíuse polas aulas e colocouse en varias zonas do centro, este decálogo. Mediante él traballouse a importacia da inxesta de froita e dos hábitos de alimentación e vida saudable en todas as aulas, tanto en Ciencias Sociais e Ciencias Naturais como na área de Atención Educativa e Valores Sociais e Cívicos.



ALUMNOS/AS PREMIADOS NOS CONCURSOS:"ALIMÉNTATE BEN:FROITA FRESCA"


  
Durante os meses de  Abril e Maio os alumnos/as participaron nos concursos que se propuseron: todo o alumnado que quiso participou nos concursos propostos: 
  1. CONCURSO DE PAREADOS para 1º e 2º. Inventaron e escribiron pareados coa axuda da súa familia. Con todas creamos o mural: "Alimentámonos ben: Froita Fresca".
  2. CONCURSO DE RECEITAS CON FROITAS: 3º e 4º.Elaboramos o "Recetario das Froitas" que está a disposición de todos na biblioteca.
  3. CONCURSO DE CONTOS: 5º e 6º. Elaboramos un libro de "Contos de Froitas" que está a disposición de todos na biblioteca.
Os tres mellores traballos de cada concurso por nivel recibiron como agasallo unha cesta de froita nun acto realizado o día das Letras Galegas.







NORABOA OS PREMIADOS!!!!

E......

GRACIAS A TODOS POR PARTICIPAR


lunes, 28 de mayo de 2018

CONCURSOS "ALIMÉNTATE BEN: FROITA FRESCA"


Ó longo dos meses de Abril e Maio todo o alumnado participou nos concursos propostos segundo o seu nivel:
 



CONCURSO DE PAREADOS: 


Sobre unha plantilla que respresentaba a unha froita (mazas, piñas, plátanos, kiwis, amorodos, peras, coco, pexego, uvas...) os alumn@s de 1º e 2º nivel inventaron e logo escribiron pareados coa axuda da súa familia.



Con todas as froitas creamos e expusemos no colexio pequeno o mural: "Alimentámonos ben: Froita Fresca". Selecionáronse 3 gañadores de cada curso que recibiron unha cesta de froita nun acto de entrega de premios levado a cabo no centro o día das letras Galegas.

 


 









CONCURSO DE RECEITAS CON FROITAS:


Os alumn@s de 3º e 4º escribiron recitas nas que o ingrediente principal era unha froita.

Coas mellores recetas elaboramos o "Recetario das Froitas" que está a disposición de todo aquel que o queira consultar na biblioteca do centro.




 As tres mellores receitas de cada nivel recibiron como premio unha cesta de froita.








CONCURSO DE CONTOS:




Os alumnos de 5º e 6º escribiron contos nas que o tema principal ou os persoaxes principais eran froitas. 

Cos mellores contos elaboramos un libro de "Contos de Froitas" que está a disposición de todo aquel que o queira consultar na biblioteca do centro. 

As tres mellores receitas de cada nivel tamén recibiron como agasallo unha cesta de froita.