Un ano máis organizamos no centro unha charla sobre os perigos que esta especie invasora supón para o noso ecosistema. A charla foi dada por membros de protección civil do concello que nos ensinaron a facer trampas. Tivo lugar o 12 de Marzo
Na primeira parte desta actividade, os membros de protección Civil na charla que se imparte no pabillón do centro, informa ó alumnado da amenaza que supón esta especie para as especies autóctonas e as consecuencias que esto ten no noso ecosistema e nos nosos cultivos. Nesta charla informativa tamén nos ensinan a facer as trampas para capturalas, unha mezcla elaborada con viño, azúcar, zume e mel.
Rematada a charla comeza o taller onde preparamos a trampa usando unha botella de plástico.
Posteriormente, enchemos as botellas coa mestura elaborada e colocámolas nas árbores froiteiras que temos no noso patio.
As botellas que sobran son donadas a Protección Civil para que fagan uso delas e as coloquen nos lugares que fagan falta no nosos concello.
No curso pasado levamos a cabo un rexistro das vespas capturadas. Este ano debido a suspensión de clase pola pandemia do COVID -19 este rexistro non puido ser levado a cabo.